Join us on a literary world trip!
Add this book to bookshelf
Grey
Write a new comment Default profile 50px
Grey
Subscribe to read the full book or read the first pages for free!
All characters reduced
A luz nos teus ollos - cover

A luz nos teus ollos

Álex Mene

Publisher: Editorial Bululú

  • 0
  • 0
  • 0

Summary

No planeta Vilar non hai luz, todo é negro. Cristal e Carbón deciden que as cousas non teñen por que seguir sendo así só porque sempre foron dese xeito. Os dous xemelgos inician unha viaxe por todo o planeta, empregando o seu enxeño, tacto, ouvido e olfacto para superar os perigos que se cruzan no seu camiño na procura da Luz.

Regatos, bosques, montañas, desertos e unha chea de amigos formarán parte da travesía destes dous irmáns que, sen recuar ante ningún monstro ou ameaza, loitarán por conseguir o don da vista para os habitantes do seu planeta.
Available since: 12/20/2024.
Print length: 84 pages.

Other books that might interest you

  • Indómita e a semente da inmortalidade - cover

    Indómita e a semente da...

    Álex Mene

    • 0
    • 0
    • 0
    Premio I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento
    
    «O meu nome é Indómita. Teño case trece anos e medio e estou escribindo este diario para deixar constancia das cousas que acontecen por aquí. Eu son a exploradora desta aldea sen nome».
    
    Indómita está disposta a arriscar a vida para salvar a súa aldea, un lugar especial que mesmo podería non existir, pois até o de agora ninguén logrou entrar nin saír dela. A rapaza deberá abandonala e baixar os seus escarpados e neboentos barrancos na procura dunha solución aos males que a asolan.
    
    O diario de Indómita, cheo de referencias a grandes clásicos da literatura infantil e xuvenil, supón unha viaxe única, a inmersión nun lugar repleto de misterios, con personaxes tan extravagantes como divertidos.
    Show book
  • Clementina - cover

    Clementina

    Lara do Pazo Ruibal

    • 0
    • 0
    • 0
    .
    Show book
  • Afluentes - cover

    Afluentes

    Sabela Varela

    • 0
    • 0
    • 0
    .
    Show book
  • 34 Rue Saint Jacques - cover

    34 Rue Saint Jacques

    Cecilia Fernández Santomé

    • 0
    • 0
    • 0
    .
    Show book
  • O Parnaso sobre rodas - cover

    O Parnaso sobre rodas

    Christopher Morley

    • 0
    • 0
    • 0
    Helen McGill é unha muller de 39 años que vive nunha granxa co seu irmán, Andrew, ao que só lle interesa converterse nun escritor famoso. Helen está cansa de ter que coidar sempre del, así que, cando Roger Mifflin se presenta na súa casa coa intención de venderlle a súa librería ambulante a Andrew, decide mercala ela mesma. Helen quere aproveitar esta oportunidade para vivir as súas propias aventuras e percorrer o mundo, e a travesía co señor Mifflin, chea de andanzas e sucesos extraordinarios, fai que se entusiasme coa natureza e cos libros e descubra os valores e o estilo de vida dun vendedor ambulante.
    Show book
  • Esiankiki á procura do león - cover

    Esiankiki á procura do león

    Antía Cons Pequeño

    • 0
    • 0
    • 0
    Esiankiki quere ser maior, coma todos os nenos da súa tribo, pero para iso terá que intentar cazar o león! Poderá conseguilo? 
    A que lugares a levará a súa lanza? A viaxe cara a vida adulta de Esiankiki vai ser máis longa do previsto!
    VALORES IMPLÍCITOS
    Superación. Ter iniciativa. Tolerancia.
    Show book