¡Acompáñanos a viajar por el mundo de los libros!
Añadir este libro a la estantería
Grey
Escribe un nuevo comentario Default profile 50px
Grey
Suscríbete para leer el libro completo o lee las primeras páginas gratis.
All characters reduced
Contos a carón da lareira - cover

Contos a carón da lareira

David Vázquez

Editorial: Editorial Bubok Publishing

  • 0
  • 0
  • 0

Sinopsis

Na nosa aldea, Arcos de Valdeorras, como en tantos centos delas do noso país, a cociña da casa converteuse desde a antigüidade no centro de reunión dos veciños e veciñas máis próximos, cara ao anoitecer, cando os labores do campo remataban ata o día seguinte. A carón do lume da fogueira, onde se preparaba a cea adoitaban falar dos aconteceres diarios do lugar ata ben entrada a noite.

Entre grolos de viño e cuncas de café con chicoria, xurdían as historias máis recentes e as lendas... a meirande parte delas adornadas de misterio, de pantasmas, de lobishomes, de aparicións, da Santa Compaña, ou das lembranzas da fratricida loita acabada de  rematar pero viva nas lembranzas.

Os rapaces e rapazas escoitabamos unhas veces con atención, outras con temor. Ben sabiamos que despois nos custaría prender no sono... aínda así  ficaron gravadas na nosa memoria.

Un día, alá polos catorce ou quince anos, decidín ilas contando nas follas dalgúns cadernos. Levou varios anos  a tarefa, xa que non lle dedicaba o tempo suficiente, e ficaron entre durmidas e espertas agardando que algún día as sacase do esquecemento.

Como a todo, chegoulle a hora, coa soa intención de revivir aqueles recordos cos meus veciños e veciñas e con quen desexen coller estas follas entre as mans.
Disponible desde: 05/12/2022.
Longitud de impresión: 272 páginas.

Otros libros que te pueden interesar

  • A comuna de Valdonelle - cover

    A comuna de Valdonelle

    Carlos Neira Suárez

    • 0
    • 0
    • 0
    Obra gañadora do VII Concurso Balbino de Relatos 
    Esta novela leva ao lector a unha profunda reflexión sobre o neorrural. Protagonizada por unha serie de urbanitas que deciden crear unha comuna nunha aldea abandonada do interior de Galicia. 
    Os protagonistas deberán enfrontarse aos lances propios dunha sociedade rural e todas as tensións derivadas de enfrontarse a ela dende unha visión urbanita. 
    Arquitecturizada con indubidable solvencia narrativa, “A comuna de Valdonelle” destaca polo interesante perfilado dos seus personaxes e a eficiente progresión dunha trama que leva con forza da man ao lector ata a derradeira páxina.  
    Unha lectura na que se reflicte o complexo mundo das relacións interpersoais a través dunha ficción baseada na construción dunha sorte de comuna societaria no rural.
    Ver libro