Begleiten Sie uns auf eine literarische Weltreise!
Buch zum Bücherregal hinzufügen
Grey
Einen neuen Kommentar schreiben Default profile 50px
Grey
Jetzt das ganze Buch im Abo oder die ersten Seiten gratis lesen!
All characters reduced
Galicia e Portugal Irmandade e fronteira - cover

Wir entschuldigen uns! Der Herausgeber (oder Autor) hat uns beauftragt, dieses Buch aus unserem Katalog zu entfernen. Aber kein Grund zur Sorge, Sie haben noch mehr als 500.000 andere Bücher zur Auswahl!

Galicia e Portugal Irmandade e fronteira

Ramón Villares

Verlag: Editorial Galaxia S. A.

  • 0
  • 0
  • 0

Beschreibung

Este ensaio, nunha primeira versión en lingua portuguesa, tiña como horizonte establecer un diálogo coa historia e coa cultura portuguesas, feito en claves galegas, pero non desconectadas da cerna histórica de Portugal; pero tamén como unha mirada ao futuro que permita entender que Galicia e Portugal poderán alcanzar unha nova dimensión institucional e un importante peso rexional no cadro da Unión Europea, aproveitando as vantaxes das políticas transfronteirizas.Os contidos básicos daquel ensaio publícanse agora nesta editorial, con algunhas revisións e engadidos para o lector galego. O libro é unha aposta por contribuír ao diálogo intelectual entre Galicia e Portugal, como fixeron moitos dos nosos devanceiros, desde a maioría dos membros da xeración Nós, con Vicente Risco de cabezaleiro daquela estratexia, ata a xeración Galaxia, nomeadamente por parte de Ramón Piñeiro e Fernández del Riego, que encontraron excelentes interlocutores alén Miño e mantiveron aceso ese diálogo durante moitos anos.
Verfügbar seit: 19.11.2024.
Drucklänge: 140 Seiten.

Weitere Bücher, die Sie mögen werden

  • O Divino Sainete - cover

    O Divino Sainete

    Manuel Curros Enríquez

    • 0
    • 0
    • 0
    Divino sainete é unha obra de Curros Enríquez de carácter satírico que aparece no ano 1888. Un poema de tipo caricaturesco que narra a peregrinación do autor a Roma guiado por Francisco Añón, presentado como o capitán da Santa Compaña. A partir dunha deformación da obra A divina comedia, de Dante, caricaturiza o modelo clerical da época, ademais de facer unha crítica das institucións e unha defensa das figuras do Rexurdimento. 
    Zum Buch
  • Majina Ou A Filla Espurea - cover

    Majina Ou A Filla Espurea

    Marcial Valladares

    • 0
    • 0
    • 0
    Majina ou A filla espúrea, obra de Marcial Valladares escrita en 1870, pero publicada por entregas a partir de 1880 na revista La Ilustración Gallega y Asturiana, dirixida por Manuel Murguía. Sen dúbida, pódese considerar unha peza fundamental da prosa do Rexurdimento e a primeira novela moderna en lingua galega. A novela discorre no espazo urbano de Santiago de Compostela e no rural das terras do Ulla, unha oposición que aparece reflectida no aspecto sociolingüístico da obra. 
    Zum Buch
  • Soidades - Versos en Gallego - cover

    Soidades - Versos en Gallego

    Manuel Curros Enríquez

    • 0
    • 0
    • 0
    Soidades: versos en gallego, de Manuel Lugrís Freire, cun prólogo de Curros Enríquez, é a primeira obra poética do autor, publicada na Habana no ano 1894. Un volume formado por vinte e oito poemas, algúns xa publicados na prensa. 
    Zum Buch
  • Saudades Gallegas - cover

    Saudades Gallegas

    Valentín Lamas Carvajal

    • 0
    • 0
    • 0
    Saudades gallegas, de Valentín Lamas Carvajal, publicouse no ano 1880. 
    A súa primeira edición saíu do prelo nos talleres tipográficos de La Propaganda Gallega en Ourense, nun volume de cento vinte e dúas páxinas que unicamente inclúe dezanove poemas. É o oitavo libro do autor ourensán, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 1972. 
    Zum Buch
  • De Catro a Catro - cover

    De Catro a Catro

    Manuel Antonio Pérez Sánchez

    • 0
    • 0
    • 0
    De catro a catro é un libro de poesía de Manuel Antonio publicado en 1928, foi a única obra que publicou o autor en vida. Unha profunda vivencia do mar, a soidade individual, no espazo e no tempo, conforman o tema central deste poemario. Con esta obra o autor convértese nun referente indiscutible das vangardas europeas e marca un antes e un despois na literatura galega, xa que achega unha poética afastada dos contidos tradicionais. 
    Zum Buch
  • A sociedade tecnolóxica e o reto ecolóxico - cover

    A sociedade tecnolóxica e o reto...

    Constantino Rábade Castiñeira

    • 0
    • 0
    • 0
    Prácticamente despois da Segunda Guerra Mundial, sobre todo a partires dos anos 50 do século pasado, accedemos a unha nova civilización, a sociedade tecnolóxica, co comezo da Era espacial, que vai desprazando á anterior e decadente sociedade industrial. Porén, o crecemento incesante do capitalismo atenta gravemente contra a integridade ecolóxica do noso limitado planeta. Esta é a contradición principal do noso tempo.
    
     O acordo histórico da COP-28 de Dubái en 2023, sobre a transición cara o abandono dos combustíbeis fósiles, semella solucionar de xeito bastante convincente o problema decisivo do cambio climático. Mais non resolve toda a problemática da degradación ecolóxica.
    Zum Buch