Unisciti a noi in un viaggio nel mondo dei libri!
Aggiungi questo libro allo scaffale
Grey
Scrivi un nuovo commento Default profile 50px
Grey
Iscriviti per leggere l'intero libro o leggi le prime pagine gratuitamente!
All characters reduced
Libro das colunas - cover

Ci dispiace! L'editore o autore ha rimosso questo libro dal nostro catalogo. Ma per favore non ti preoccupare, hai ancora oltre 500.000 altri libri da scegliere!

Libro das colunas

Luísa Villalta

Casa editrice: Editorial Galaxia S. A.

  • 0
  • 0
  • 0

Sinossi

Recóllese nesta compilación a obra xornalística publicada por Luísa Villalta nas súas columnas do semanario A Nosa Terra entre o 4 de xaneiro de 2002 e o 4 marzo de 2004, tan só dous días antes do seu falecemento.Son escritos de variada temática, mais en todos eles están presentes as liñas de forza que percorren a súa obra, dende o compromiso coa lingua e a cultura galegas, a militancia cidadá, a denuncia social e a loita contra a indulxencia e a conivencia co poder establecido.Di Luísa Villalta que, entre outras moitas cousas, os libros serven para levar as contas pendentes, para poñer ao ar as feridas. E así o seguen a facer hoxe estas “colunas” súas, malia os vinte anos que transcorreron. Palabra de Luísa.
Disponibile da: 19/11/2024.
Lunghezza di stampa: 126 pagine.

Altri libri che potrebbero interessarti

  • De Catro a Catro - cover

    De Catro a Catro

    Manuel Antonio Pérez Sánchez

    • 0
    • 0
    • 0
    De catro a catro é un libro de poesía de Manuel Antonio publicado en 1928, foi a única obra que publicou o autor en vida. Unha profunda vivencia do mar, a soidade individual, no espazo e no tempo, conforman o tema central deste poemario. Con esta obra o autor convértese nun referente indiscutible das vangardas europeas e marca un antes e un despois na literatura galega, xa que achega unha poética afastada dos contidos tradicionais. 
    Mostra libro
  • Majina Ou A Filla Espurea - cover

    Majina Ou A Filla Espurea

    Marcial Valladares

    • 0
    • 0
    • 0
    Majina ou A filla espúrea, obra de Marcial Valladares escrita en 1870, pero publicada por entregas a partir de 1880 na revista La Ilustración Gallega y Asturiana, dirixida por Manuel Murguía. Sen dúbida, pódese considerar unha peza fundamental da prosa do Rexurdimento e a primeira novela moderna en lingua galega. A novela discorre no espazo urbano de Santiago de Compostela e no rural das terras do Ulla, unha oposición que aparece reflectida no aspecto sociolingüístico da obra. 
    Mostra libro
  • Saudades Gallegas - cover

    Saudades Gallegas

    Valentín Lamas Carvajal

    • 0
    • 0
    • 0
    Saudades gallegas, de Valentín Lamas Carvajal, publicouse no ano 1880. 
    A súa primeira edición saíu do prelo nos talleres tipográficos de La Propaganda Gallega en Ourense, nun volume de cento vinte e dúas páxinas que unicamente inclúe dezanove poemas. É o oitavo libro do autor ourensán, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 1972. 
    Mostra libro
  • O Divino Sainete - cover

    O Divino Sainete

    Manuel Curros Enríquez

    • 0
    • 0
    • 0
    Divino sainete é unha obra de Curros Enríquez de carácter satírico que aparece no ano 1888. Un poema de tipo caricaturesco que narra a peregrinación do autor a Roma guiado por Francisco Añón, presentado como o capitán da Santa Compaña. A partir dunha deformación da obra A divina comedia, de Dante, caricaturiza o modelo clerical da época, ademais de facer unha crítica das institucións e unha defensa das figuras do Rexurdimento. 
    Mostra libro
  • Soidades - Versos en Gallego - cover

    Soidades - Versos en Gallego

    Manuel Curros Enríquez

    • 0
    • 0
    • 0
    Soidades: versos en gallego, de Manuel Lugrís Freire, cun prólogo de Curros Enríquez, é a primeira obra poética do autor, publicada na Habana no ano 1894. Un volume formado por vinte e oito poemas, algúns xa publicados na prensa. 
    Mostra libro
  • Obra periodística 2015-2023 - cover

    Obra periodística 2015-2023

    Ronsel Pan

    • 0
    • 0
    • 0
    Ronsel Pan nace en A Coruña na primavera de 1980. Cursa Estudos Internacionais na  USC cun Erasmus no Institut D'Etudes Politiques de Paris. Consigue un D.E.A. chamado Temps et Territoires na Université du Mans. Quédase  na rexión para facer prácticas coa Universidad de Salamanca no cinema d'art et essai Les Cineastes. Entra en Comunicación Audiovisual na USC e realiza un intercambio na UNAM, na ENAP ( Escuela Nacional de Artes Plásticas). Prácticas en Radio Voz, Santiago de Compostela. Expón na galería 124 de do D.F.. Cursa o  Master en Literatura na Universidade da Coruña. Consigue o curso de HARVAD Masterpieces of World Literature. Dirixe a revista dixital argenteuil!. É membro do Colexio de Xornalistas, de Cima, de Crea e  da Asociación de Escritores en Língua Galega. Publica videos en Palabra Audiovisual (aelg). Participa no curso Magnum Photos: Alec Soth. Photographic Storytelling. Certificado en International Politics do International Business Management Institute de Berlín.
    
    Asimesmo entra en Medicina na USC e acada o título de Mental Health en  The University of Queensland. Inclúese no Programa Internacional de Medicina do American College of Physicians MKSAP. Consegue en HARVAD, o curso Fundaments of Neurocience. The Brain.
    Mostra libro